The Village Voice é un xornal estadounidense coñecido por ser o primeiro xornal semanal do país. Fundado en 1955 por Dan Wolf, Ed Fancher e Norman Mailer, Voice comezou como unha plataforma para a comunidade creativa da cidade de Nova York. Dende a súa fundación, The Village Voice recibiu tres Premios Pulitzer, o Premio National Press Foundation e o Premio George Polk. The Village Voice contou cunha gran variedade de escritores e artistas, incluíndo o escritor Ezra Pound, a debuxante Lynda Barry e os críticos de arte Robert Christgau, Andrew Sarris e J. Hoberman. Dende que cesou a súa publicación impresa en 2017, Voice fai publicacións diarias a través da súa páxina web.
En outubro de 2015, The Village Voice cambiou de dono e cortou tódalas ligazóns coa compañía Voice Media Group (VMG).[1] The Voice anuncou o 22 de agosto de 2017 que deixaría de publicar impreso e comezarían a publicar completamente en Internet.[2] A derradeira edición impresa, que tiña unha foto de 1965 de Bob Dylan na portada, foi distribuída o 21 de setembro de 2017.[3]